Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Ribeira impartirá un curso para a Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio


O Concello de Ribeira vai a poñer en marcha a Acción formativa do Plan formativo para o emprego de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (SSCS0108), que ten una duración de 618h.

Este curso é un certificado de profesionalidade de nivel II polo que os requisitos do alumnado que queira participar son os seguintes: persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego, cun nivel de estudios de “ESO ou equivalente”, ou competencias clave de nivel II.

O curso leva incluídas 120h de prácticas en empresas e dous módulos transversais de formación para a igualdade e de inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero.

“O propósito deste curso é o de formar a profesionais capacitados no coidado e a atención a persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente no ámbito domiciliario. É unha formación integral que prepara a individuos para desempeñarse con eficacia e empatía na asistencia a quen require axuda no seu fogar.” explicou a concelleira de Emprego Genoveva Betanzos.

As persoas interesadas en participar como alumnado neste curso poden informarse na Oficina de Desenvolvemento Local (Concello de Ribeira – Auditorio. Praza dos Mariñeiros, no teléfono 981835417 ou ben no enderezo electrónico maria.paz@ribeira.gal. As inscricións deberanse realizar na Oficina de Emprego.